Calidade

A política da Dirección das empresas AUTOCARES DARRIBA, S.L. e AUTOCARES CARREIRA, S.L., ambas as dúas dedicadas ao transporte de viaxeiros por estrada, é dotar á organización duns principios básicos de xestión que permitan chegar a obter a completa satisfacción de todos os nosos clientes na prestación dos nosos servizos, así como garantir o cumprimento dos requisitos legais e os esixibles polos clientes, e a prevención da contaminación e o respecto ao medio ambiente.

Por todo iso, a organización asumiu os seguintes principios básicos, os cales serán de obrigado cumprimento por parte de todos os empregados e colaboradores de AUTOCARES DARRIBA, S.L. e AUTOCARES CARREIRA, S.L.:

  • Ambas as dúas empresas cumprirán con calquera tipo de normativa aplicable, tanto á realización das actividades obxecto da empresa como as relacionadas co medio. E mesmo se é posible, tratarase de mellorar o establecido na lexislación e en calquera outro acordo que a organización subscriba.
  • Ambas as dúas empresas asumen o compromiso de satisfacer todas as necesidades e expectativas dos seus clientes, e a obtención dun máximo de nivel de satisfacción destas.
  • Implantouse un sistema de xestión da calidade de forma integrada, asumindo a mellora continua do comportamento e a eficacia do sistema integrado de xestión baseado na norma UNE-EN-ISO 9.001: 2.008 e UNE-EN 13.816: 2.003.
  •  A Dirección poñerá todos os medios tanto humanos coma materiais para concienciar e sensibilizar a todos os membros do equipo e os colaboradores da importancia dunha correcta xestión ambiental, así como de alcanzar un alto grao de calidade, para o cal deberán de estar familiarizados coa documentación sobre o sistema de xestión da calidade e o medio.

 

Esta política constitúe a declaración de intencións e principios de ambas as dúas empresas, proporcionando un marco global para o establecemento de obxectivos en materia de xestión da calidade. O sistema de xestión da calidade é revisado de forma anual, así como a súa política, e esta última será comunicada a todos os empregados e posta a disposición do público.